O sal da terra

107

Con frecuencia xorden persoas ou grupos que logran transformar en ideas as aspiracións profundas dunha colectividade. Ideas con vocación de converterse en feitos.

Son a vangarda. Así se denominan en política.

E se os seus propósitos son de xustiza e humanidade, entón son o sal da terra.

A existencia dunha vangarda é imprescindible para canalizar os movementos sociais e levalos á vitoria.

Os liderados son indispensables.

E cal é a súa principal responsabilidade?

A tarefa da vangarda é devolverlle ao pobo con precisión o que do pobo recibe con confusión. Desta maneira definiuno un poeta que pasou á historia como gran temoneiro.

Ah, pero onde está a vangarda? De cal xeito constitúese?
Quen a conforma?

Unha cousa sabemos: que para ser vangarda non basta coa propia autodefinición.

Indispensable é que outros a recoñezan como tal.