O profesorado dos CELGA: máis preto da alta na Seguridade Social

79

A Inspección Laboral da Coruña dálles a razón ás Asembleas de Profesorado Colaborador dos CELGA e sanciona á Consellería de Educación obrigándoa ao abono dos adebedamentos coa Seguridade Social pola falta de alta laboral das traballadoras e traballadores do colectivo

No pasado mes de novembro, a Inspección Laboral da Coruña, atendendo á denuncia das Asembleas de Profesorado Colaborador dos CELGA comezou a estender actas de liquidación de adebedamento coa Seguridade Social polo período dos últimos catro anos de traballo do profesorado do colectivo. Isto significa que a institución inspectora entende fraudulento o modelo de contratación establecido para co profesorado do CELGA pola Xunta de Galiza, que creou unha especie de limbo para estes no que o obrigaba a impartir docencia carecendo de contrato e de alta na Seguridade Social.Está así máis preto de cumprirse unha das principais demandas do colectivo de traballadoras e traballadores deste sector do ensino, que é o recoñecemento da súa relación laboral, o acceso á protección social e a súa equiparación en dereitos ás traballadoras e traballadores por conta allea, algo ao que a Xunta se veu a negar reiteradamente, a pesares das accións de denuncia do colectivo.As Asembleas de Profesorado Colaborador do CELGA, activas dende hai meses no País, procuran dotar de dignidade ás traballadoras e traballadores deste sector, relacionando sempre o desleixo das súas condicións laborais co desprezo do goberno autonómico pola urxencia dunha actividade normalizadora plena para a nosa lingua.Malia a desafortunada actitude oportunista e desleal da CIG-Ensino, que se apuntou un tanto facendo público o resultado dunha denuncia á Inspección Laboral que forma parte da estratexia de loita das Asembleas do Profesorado Colaborador do CELGA deseñada á marxe do siglismo sectario, queremos parabenizar ás activistas deste colectivo por este éxito.Na dirección de dignificar aos traballadores e traballadoras da normalización lingüística, a loita continúa!