O profesorado decide loitar

217

O pasado 17 de abril, a CUT enviou ao profesorado unha enquisa sobre a necesidade dunha gran mobilización da comunidade educativa e a necesidade de camiñar cara a folga.

Agradecendo de antemán a todas as persoas que participaron da enquisa,  houbo case 1.000 respostas ás cuestións propostas, cos seguintes resultados:

Crees que é necesario a unión da comunidade educativa nunha gran mobilización que defenda a dignidade do noso traballo e a calidade do ensino público galego? 897 respostas afirmativas (95,8%); só 39 persoas responderon non (4,2%).
No caso de ter éxito, é hora de camiñar cara a convocatoria de xornadas de folga como está a acontecer noutros servizo públicos? 831 respostas afirmativas (88,8%) e 105 negativas (11,2%).

Os resultados son por tanto contundentes entre o profesorado farto de abusos, hai vontade de loitar e buscar a unión. A CUT-Ensino vai traballar coma sempre,  para buscar esa unidade e promover a mobilización.

En próximas datas poñerémonos en contacto con organizacións de todo tipo vinculadas ao ensino e iremos informando dos avances que haxa.

Entre todas poderemos facerlle fronte ás políticas destrutoras do público da Consellería de Educación!