O primeiro de maio non lle gosta á Subdelegación do Goberno

65

Hoxe, día 1 de abril, ás 9,00 horas da mañá, a CUT rexistraba na Subdelegación do Goberno de Pontevedra, a comunicación correspondente sobre a convocatoria da manifestación unitaria de Vigo do primeiro de maio. O rexistro de devandita comunicación, neste día e a esa hora (apertura do Rexistro) non responde a ningún capricho. Faise precisamente, o primeiro día, a primeira hora do prazo legal establecido con antelación.Pois ben, ás 11 da mañá, a Subdelegación envía escrito mediante Fax á sede da CUT, onde nos di que “con anterioridade foi presentada comunicación de CC.OO e UGT”, cando? fora do prazo legal de antelación?, e nos ven a indicar a necesidade de cambiar o percorrido da nosa manifestación, ou adiantar unha hora o inicio da mesma, dado “a coincidencia de itinerario”.Dáse a casualidade que xa en anos anteriores, advertiuse dende esa mesma Subdelegación, no senso de ter que presentar a comunicación dentro dos trinta días anteriores á celebración.Terá que ver a comunicación da Subdelegación do Goberno, coa filtración do manual de formación da Garda Civil?Seguen a conculcar, sen ruborizarse, os dereitos e a legalidade máis elemental.