Este domingo 19 de abril centros de galegas marchamos polas rúas de Compostela en solidariedade co pobo cubano baixo lema “Deixade vivir a Cuba. Galiza contra o asedio imperialista”.

A manifestación, convocada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, e apoiada por 37 organizacións políticas, sindicais e sociais entre as que figura a CUT, commemoraba así o 65 aniversario da derrota imperialista en Praia Girón tras o desembarco de 1400 mercenarios da CIA coa intención de botar abaixo o goberno revolucionario da Ulla.

As manifestantes baixo lemas como “Fóra ianquis da América Latina” e “Cuba si, ianquis non” pedimos a fin do bloqueo económico á illa por parte dos Estados Unidos, que neste 2026 acadou unha intensidade sen precedentes, e fixemos un chamamento a reforzar a solidariedade internacional con Cuba.

Dende a CUT reafirmamos o noso apoio firme e incansable ao pobo cubano contra o asedio imperialista e berramos: Deixade vivir a Cuba!
Podes ver todas as imaxes da xornada na nosa galería:






















































