Galicia é un dos oito territorios onde sube o paro rexistrado, ocupando o cuarto lugar en aumento tras I. Balears (9.012), Cataluña (4.512) e Castilla La Mancha (3.691). No conxunto do estado baixou en 2.475 persoas.
O desemprego nas mulleres acada a cifra de 140.585 e nos homes 130.269. Por idades, 17.584 teñen menos de 25 anos e 253.270 de 25 ou mais. Por provincias, o paro rexistrado aumentou en 350 persoas en A Coruña, 847 en Lugo, 273 en Ourense e 1.159 en Pontevedra.Por sectores, no sector primario hai 9.141 desempregados, na industria 37.630, na construción 38.631, 163.539 nos servizos e 21.913 sen emprego anterior. O desemprego subiu en todos os sectores, agás na construción que baixou en 218 persoas.Estes datos amosan unha vez máis o fracaso total das medidas neoliberais dos gobernos de Feijoo e Rajoy, máis ocupados en salvar os beneficios da banca e das enerxéticas antes que de garantir a viabilidade dos sectores produtivos e de atender as demandas da poboación. Esta situación de desprotección agrávase en Galicia pola relación de dependencia e submisión colonial do noso país aos ditados de Madrí, completamente alleos á nosa problemática.