Habéra quen queiradicirnos como parir e cando, se debemos coidar a outras persoas antesque a nós mesmas, que nos quitan as sementes, que nos incrustranpesticidas que matan a nosa terra… Nós somos mullerestraballadoras e imos expropiarlle o poder a aqueles que controlan, através dos medios de producción, a lexislación ou a moralidade, anosa forma de contribuir a que o mundo siga xirando.
Dese desexo deexpropiarllo todo ao patriarcado e o capital nace a actitude demanterse en pé. Unha compañeira dixo unha vez: “Moita xente dicíaque Galiza ía ser un sitio fodido para unha trans, por iso moitos emoitas transexuais van a cidades grandes, pero non deixa de ser unexilio. Fodido será, pero é unha aposta. Cando estás comprometidaco pobo, o idioma, coa cultura, marchar non é unha opción”.Laura Bugalho ficou em Galiza e loitou por un pobo dende osindicalismo e o feminismo. Ese combate obrígaa agora a enfrontarsea un proceso xudicial que pretende represaliala por loitar contra asmafias que explotan ás migrantes. Nese xuízo seremos todasxulgadas. Unha represión que procura calar a unha muller que seergue bate en cada unha de nós.
A forma na que te colocasno mundo indica o que queres transformar del. Estamos de pé, condermatite nas máns e vendo como a empresa nos obriga a usar produtostóxicos. Sentadas, coa precarización ao lombo e facendo contaspara chegar a fin de mes despois de que o goberno roubase ao pobo alei de dependencia. Sentimos no noso embigo as ganas de desaparecercando nos negan un aborto por obxección de conciencia. Dedicámonosfrases empoderadoras cada vez que entramos nunha asamblea de empresacon efervescencia de testosterona. Temos raiba no sangue candoprocuran deshumanizar, dividir e criminalizar ás mulleres pobres porlevar roupas que califican de ‘choni’, ‘puta’, ou ‘tirada’. Sentimossobre nós un traballo reproductivo forzoso sen ningún tipo deremuneración. Escoitamos silencio onde debería estar a xenealoxíadas mulleres obreiras. Entre a ira e mais a tristeza, vemos o poucovalor da vida das mulleres, das exiliadas que foxen e dasguerrilleiras que loitan por botar o fascismo fóra.
Queremos romper o mundopara construir un novo dende o feminismo que emana das oprimidas. Ofeminismo será de clase ou non será.
O Oito de marzo é das traballadoras
Oito de marzo é asoberanía das mulleres, das súas man que estimulan o clítore epintan de feminismo as paredes. Oito de marzo, Klara Zetkin e RosaLuxemburg. As mulleres de Encrobas. As folgas das obreirasestadounidenses en 1908. Kobane e as guerrilleiras curdas. Olevantamento das 20.000. Oito de marzo é o traballo que nos impoñene non nos remuneran: cada fillo que parimos, sopa que facemos, asveces que pasamos a aspiradora na casa. As herbas que arrancamos, opurín sobre o campo, os animais que cuidamos.
Habéra quen queiradicirnos como parir e cando, se debemos coidar a outras persoas antesque a nós mesmas, que nos quitan as sementes, que nos incrustranpesticidas que matan a nosa terra… Nós somos mullerestraballadoras e imos expropiarlle o poder a aqueles que controlan, através dos medios de producción, a lexislación ou a moralidade, anosa forma de contribuir a que o mundo siga xirando.
Dese desexo deexpropiarllo todo ao patriarcado e o capital nace a actitude demanterse en pé. Unha compañeira dixo unha vez: “Moita xente dicíaque Galiza ía ser un sitio fodido para unha trans, por elo moitos emoitas transexuais van a cidades grandes, pero non deixa de ser unexilio. Fodido será, pero é unha aposta. Cando estás comprometidaco pobo, o idioma, coa cultura, marcharte non é unha opción”.Laura Bugalho ficou em Galiza e loito por un pobo dende osindicalismo e o feminismo. Ese combate obrígaa agora a enfrontarsea un proceso xudicial que pretende represaliala por loitar contra asmafias que explotan ás migrantes. Nese xuízo seremos todasxulgadas. Unha represión que procura calar a unha muller que seergue bate en cada unha de nós.
A forma na que te colocasno mundo indica o que queres transformar del. Estamos de pé, condermatite nas máns e vendo como a empresa nos obriga a usar produtostóxicos. Sentadas, coa precarización ao lombo e facendo contaspara chegar a fin de mes despois de que o goberno roubase ao pobo alei de dependencia. Sentimos no noso embigo as ganas de desaparecercando nos negan un aborto por obxección de conciencia. Dedicámonosfrases empoderadoras cada vez que entramos nunha asamblea de empresacon efervescencia de testosterona. Temos raiba no sangue candoprocuran deshumanizar, dividir e criminalizar ás mulleres pobres porlevar roupas que califican de ‘choni’, ‘puta’, ou ‘tirada’. Sentímossobre nós un traballo reproductivo forzoso sen ningún tipo deremuneración. Escoitamos silencio onde debería estar a xenealoxíadas mulleres obreiras. Entre a ira máis a tristeza, vemos o poucovalor da vida das mulleres, das exiliadas que fuxen e dasguerrilleiras que loitan por botar o fascismo fóra.
Queremos romper o mundopara construir um novo dende o feminismo que emana das oprimidas. Ofeminismo será de clase ou non será.