Este venres o Morrazo saíu de novo a rúa, fronte os aldraxes do Goberno do PP. Hoxe volveu a ter lugar unha nova mobilización en Cangas, que reuniu a preto de mil veciños das localidades da comarca. O chamamento da CUT a manifestarse con carácter continuo segue a ser secundado por numerosos colectivos e movementos sociais.Ás 9 da noite tivo lugar unha concentración fronte ó Concello de Cangas, onde interviron distintos colectivos que apoian esta convocatoria de todos os venres con carácter indefinido. Tomaron a palabra compañeir@s da Cultura, do 15-M e da asociación de mulleres “Púrpura”.Como en ocasións anteriores, estiveron presentes distintos colectivos de traballador@s da función pública, plataformas sectoriais e nesta ocasión, tamén o colectivo de traballador@s das notarias.
O final como o venres anterior, arrancou unha manifestación que percorreu as rúas de Cangas, con remate no Adro da Colexiata, onde un compañeiro da CUT fixo unha intervención facendo un chamamento a unidade e á mobilización permanente.Durante o percorrido da manifestación ó cal se foi sumando máis persoas, os asistentes corearon distintos lemas, volvendo a esixir a dimisión de Rajoy e Feijoo. O próximo venres día 10 de agosto terá lugar unha nova mobilización.