COREN, empresa que publicamente autoproclámase como modelo en Galicia, ven de despedir a 27 traballadoras, algunhas con 41 anos de antigüidade e con 20 días de indemnización por ano traballado. Unha vez máis estanse a aproveitar da tan cacarexada crise para introducir cambios nos modelos produtivos que teñen por única intención precarizar aínda máis o traballo. Despois de deixar o corpo e a plusvalía durante máis de corenta anos, agora as compañeiras son despedidas con indemnizacións ridículas e sen ter en conta que deixaron a súa vida para levantar o negocio do que outros ben viven. O vindeiro mércores, ás 19 horas, dende as portas de FRIGOLOURO, sairá unha nova manifestación en defensa dos postos de traballo e reclamando a readmisión. Ao igual que na anterior e exitosa manifestación, onde a CUT estivo presente, facemos un chamamento para que os traballadores e traballadoras sexamos quen de artellar a solidariedade necesaria para loitar contra esta inxustiza.