O III FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA, VAI MADURANDO.

60

Os preparativos para a terceira edición do Festival da Cultura Proletaria, que terá lugar o sábado 22 de setembro, van collendo xeito. A comisión de compañeir@s da CUT encargada da organización, están traballando arreo para superar ás edicións anteriores.Xa está fixado o lugar onde se celebrará este ano o festival, que será no Adro de Santa María de Darbo, en Cangas. Un espacio que conta con condicións para a afluencia masiva de xente, espacio de aparcadoiro e de fácil acceso para ós asistentes de fora do Morrazo.A partir de agora está funcionando o blog; festiproletario.blogspot.com, a través do cal actualizarase toda a información relativa a este evento. Da mesma meneira o cartel vai collendo forma, xa podemos adiantar que teñen confirmada a súa presencia o grupo, “O Neto de Manuel” e o cantautor portugués Carlos Clara Gomes.