O FMI ACONSELLA REBAIXAR A PROTECCIÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS FIXAS

55

Xa volo diciamos nós, o problema non é a reforma laboral, detrás desta virán outras porque o que realmente se pretende é a absoluta precariedade e a derrota da clase obreira meténdonos nun burato onde non poidamos saír.Preténdese un retroceso sen precedentes nos nosos dereitos. Dereitos conquistados a base da loita dos que nos precederon, moitos deles morreron por lograr esas conquistas.

Xa volo diciamos nós, o problema non é a reforma laboral, detrás desta virán outras porque o que realmente se pretende é a absoluta precariedade e a derrota da clase obreira meténdonos nun burato onde non poidamos saír.Preténdese un retroceso sen precedentes nos nosos dereitos. Dereitos conquistados a base da loita dos que nos precederon, moitos deles morreron por lograr esas conquistas.Queren que traballemos con ferramentas de última xeneración pero cos dereitos laborais do século pasado. A xustificación é fácil para eles, a crise sistémica e que afecta de xeito insoportable á clase traballadora provocando os índices de paro máis altos da historia, é suficiente motivo para outra das súas receitas:  Como o índice de paro é moi elevado, rebaixemos os dereitos dos que teñen un posto de traballo fixo, así todos iguais, sen dereitos e precarios.   No canto de igualar polo alto queren igualarnos á baixa, no seu mercado a clase traballadora cada vez vale menos.   Os gobernos de dereitas e socialdemócratas, obedientes coas directrices difundidas desde o FMI, verdadeiro oráculo do capitalismo, non tardarán en aplicalas.   Pretenden con esta inacabable marea de medidas antiobreiras que baixemos os brazos, que consideremos a batalla perdida antes de dala. Pretenden, en definitiva, que o desánimo afogue as nosas forzas.  Isto non pode nin vai pasar, os traballadores/as cada vez temos máis claro que o inimigo non é só Zapatero, este señor non é máis ca unha marioneta manexada por outros que están máis arriba (FMI, BCE…) que representan o verdadeiro inimigo, o capitalismo.  O 29 s será a primeira batalla dunha guerra que ten que acabar cun sistema que quere ver á clase traballadora axeonllada e derrotada para así impoñer as súas políticas. O 29 de setembro sairemos todos/as á rúa, pararemos as empresas e faremos a primeira demostración de forza, daremos a primeira batalla contra un sistema que non serve.