O Feijóo xoga a rebentar folgas

34

O señor Feijóo non quere que lle estraguemos o inicio de curso. Agora, nun novo fito da súa terrible xestión da pandemia na escola, marcará servizos “máximos” nos centros educativos, algo inédito. Agóchase na desculpa da COVID, pero non é máis que represión da folga, todo sexa por rebentala. Esta folga non queda ben dentro da súa fábula de falsa seguridade e mentiras.
Este señor demostra un auténtico desprezo cara o profesorado, quere esmagarnos, non vaia ser que a súa fama autoimposta de gran xestor quede manchada. É un inútil e este acto volve evidencialo, por máis que poña empeño, non imos agardar como convidados de pedra.
Despois desta nova xogada do gran “xestor”, cómpre aínda con máis necesidade acudir mañá ás concentracións contra o protocolo COVID.

Recordamos lugares das concentracións este xoves día 10 de setembro ás 11:30:
Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo: fronte o edificio da Xunta.
-Ourense diante da Consellería de Educación.
-Cangas, Valdeorras, Verín e Burela: diante do Concello.
-Pontevedra: diante da Peregrina.- Vilagarcía: Praza de Galicia.