O concello de Vigo terá que pagar aos bombeiros o exceso de xornada

88

A xestión levada a cabo polo concello de Vigo sobre as súas empregadas volve quedar en entredito nunha recente sentenza xudicial da sala de contencioso-administrativo n.º 1 desta localidade. A Central Unitaria de Traballadoras logrou o recoñecemento en sentenza xudicial dun exceso de horas nas xornadas dos bombeiros de Vigo que o concello nin recoñecía nin pagaba.

A sentenza recoñece un saldo de 226 horas a favor do traballador, que a administración viguesa terá que compensarlle en descanso ou abonar se o goce do tempo non fose posible.

Todos os traballadores do servizo poderán acollerse ao resolto nesta sentenza, o que implica un retorno ao cadro de persoal duns 700 mil euros referidos a 27 mil horas que se lles deben entre os anos 2018 e 2022.”

Todos os traballadores do servizo poderán acollerse ao resolto nesta sentenza, o que implica un retorno ao cadro de persoal duns 700 mil euros referidos a 27 mil horas que se lles deben entre os anos 2018 e 2022. Cifra á que haberá que sumarlle a compensación dos dous anos seguintes, aínda non contabilizados.

O concello de Vigo afánase en ocultar ás empregadas a información sobre os tempos de traballo e descanso correspondentes á xornada que legalmente teñen recoñecida.

A CUT chama a todas as traballadoras deste servizo a poñer especial atención para salvagardar estes dereitos, ao tempo que cuestiona o acordo entre CCCOOO, UGT e SICO co concello de Vigo para que de agora en diante eses tempo non sexa retribuído. O traballo debe ser remunerado, como así o recoñece a sentenza do xulgado vigués.

Dende a CUT seguiremos traballando por un servizo público de calidade no que os dereitos das traballadoras non sexan cheques en branco para a administración.