O Concello de Vigo deberá repetir as eleccións de laborais pola denuncia da CUT contra o laudo arbitral do proceso

256

O mes de novembro de 2019 celebráronse eleccións sindicais no Concello de Vigo. Dende que se tivo coñecemento da presentación de candidaturas da CUT comezaron as manobras antisindicais por parte doutros sindicatos que non querían a ninguén máis no Concello. Os nosos candidatos e candidatas foron interpelados constamente para que abandonaran a candidatura con ameazas que chegaron á perda do emprego.

A CUT, como sindicato de clase, denunciou esta situación entendendo que se estaba a vulnerar o noso dereito a presentar candidaturas, sendo o máis chocante que o resto de sindicatos defenderan que a nosa candidatura non fora validada, esta actitude moito máis propia das empresas terán que explicala eles.

Non conseguiron tombar a lista de funcionarios pero si a de persoal laboral de especialistas. Acudimos entón a un laudo arbitral que se posicionou coa actitude menos favorábel á liberdade sindical; a súa decisión obstaculizou que se presentara a candidatura da CUT con argumentos peregrinos, defendendo no laudo o dereito consuetudinario, é dicir, que era costume nos laudos de Vigo invalidar candidaturas que non reúnan todos os candidatos na data de proclamación, lectura que non se pode sacar de ningunha redacción da lei como ben aclara a sentenza.

O Xulgado do Social Nº 4 de Vigo ven de dar a razón á demanda da CUT, aclarando que a regra do 60% da candidatura debe aplicarse dende o coñecemento da mesa, e non dende a proclamación da mesa. Obriga tamén a sentenza a repetir o proceso electoral no Concello de Vigo na mesa de laborais.

Parabenizámonos desta sentenza porque obriga a mudar unha doutrina pouco protectora dos dereitos dos traballadores e traballadoras nos laudos arbitrais de Vigo e fai xustiza co demandado pola CUT.