Falla de persoal e deterioramento laboral no CAPM de Cerceda

71

A representación das persoas traballadoras do Centro de Atención ás Persoas Maiores de Cerceda denuncia a falla de persoal e o deterioramento das condicións laborais e reclama solucións aos problemas organizativos do centro, advertindo de que a sobrecarga laboral non pode recaer sobre o persoal.

O Comité de Empresa realizou unha concentración ás  publicamente a situación que se vén producindo nos últimos anos no centro, marcada pola falta continuada de persoal, as dificultades na organización do traballo e unha importante carga laboral que está a recaer sobre as traballadoras e traballadores.

O persoal do CAPM está a asumir diariamente unha elevada responsabilidade para garantir a atención e os coidados das persoas usuarias, facendo fronte a unhas necesidades de servizo que non poden ser resoltas a costa do esforzo individual das traballadoras e traballadores. A falta de medios e as dificultades organizativas teñen unha repercusión directa tanto nas condicións de traballo, como na saúde do persoal, como na adecuada prestación dun servizo esencial.

Neste contexto prodúcese a apertura dun expediente disciplinario a unha traballadora do centro, ante o que o Comité de Empresa expresa o seu apoio e solidariedade e reclama que o procedemento se desenvolva con todas as garantías, obxectividade e proporcionalidade, respectando plenamente os seus dereitos.

“O Comité considera que non se poden abordar mediante expedientes disciplinariosproblemas que teñen unha dimensión estrutural e organizativa. A responsabilidade de garantir unha dotación suficiente de persoal, unha organización axeitada e unhas condicións de traballo dignas corresponde á empresa e non pode recaer exclusivamente sobre quen sostén diariamente o funcionamento do centro.”

O Comité considera que non se poden abordar mediante expedientes disciplinariosproblemas que teñen unha dimensión estrutural e organizativa. A responsabilidade de garantir unha dotación suficiente de persoal, unha organización axeitada e unhas condicións de traballo dignas corresponde á empresa e non pode recaer exclusivamente sobre quen sostén diariamente o funcionamento do centro.

Por iso, o Comité reclamalle á empresa que escoite ao persoal, adopte medidas para solucionar as carencias estruturais existentes e garanta un clima laboral estable, respectuoso e seguro.

Máis persoal, menos presión e máis respecto polos dereitos laborais. Esa é a reivindicación que o Comité de Empresa traslada coa concentración convocada diante do centro.