O Comité de Empresa de Viaqua Compostela (Aquagest) tínguese de dignidade obreira

187

O cambio de rumbo na empresa Viaqua é imparábel: nas eleccións celebradas na contrata púbica de Compostela, que agrupa a 90 traballadores e traballadoras a CUT impúxose como central sindical maioritaria. Con 45 votos no colexio de especialistas, e conseguindo os tres delegados que se desputaban neste colexio, tomouse moita distancia tanto ao respecto da CIG (14 votos) como de UGT (12 votos), que se repartiron os dous delegados do colexio de técnicos no que a CUT non se presentaba.O Comité de Empresa consituirase proximamente e a Presidencia recaerá en mans da CUT. Desta maneira comeza unha batalla por ir mudando tamén o rumbo do resto de centros de Viaqua (antiga Aquagest) en Galiza, para o que as compañeiras e compañeiros desta central seguen a se esforzar por restaurar a dignidade nos Comités e sobre todo por volver a un sindicalismo que responda de verdade aos intereses do cadro de persoal.