O 30 de xaneiro volvemos ás rúas

731

Comezamos o ano 2020 poñendo en claro que a clase traballadora non vai ser salvada por ningunha sigla ou pacto político. A única certeza histórica que temos é que só a mobilización e a confrontación son garante de conquista de dereitos.

Na CUT temos por obxectivo, dende xa, reactivar a mobilización nas rúas; a organización de clase como resposta a este réxime opresor e capitalista disfrazado de democracia, e por iso sairemos a rúa nas cidades da Coruña, Compostela e Vigo o vindeiro día 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, xunto ao sindicalismo alternativo (CGT,STEG, SF, SE, PROSAGAP) e agardando que se sumen aquelas organizacións sindicais e sociais que teñan por finalidade a defensa da clase traballadora.

Manifestacións xoves 30 de xaneiro ás 19:30 horas

Coruña, Praza de Portugal

Compostela, Praza Roxa

Vigo, Vía Norte

Saímos desta vez a rúa reclamando pensións dignas, pero para que estas sexan dignas precisan ir tamén acompañadas da esixencia de salarios dignos, traballos dignos, igualdade entre homes e mulleres… nada no sistema capitalista pode ser
interpretado como unha loita illada, todo é explotación de clase.

O vindeiro 30 de xaneiro a CUT volve ás rúas porque se non estamos nelas quedaremos sen dereitos.