O #24OImos! Campaña de imaxes para a volta ao Obradoiro da Unidade Popular

66

Durante as dúas semanas que restan ata o 24 de outubro, día no que as Marchas da Dignidade volven ao Obradoiro nun exercicio decidido de mobilización popular, a CUT irá socializando diferentes imaxes que conteñen dalgunha maneira o crisol de razóns que nos conducen a tomarmos de novo esta praza da capital.
“Para reconquistar a dignidade, o 24 de outubro volve ao Obradoiro a Unidade Popular” enceta unha serie de 16 imaxes que estarán abertas á difusión tanto na nosa páxina web como nas redes sociais da central, facebook e twitter. O hagstag da campaña será #24OImos!. Esta campaña, que comeza hoxe, precisa do esforzo de todas e todos á hora da difusión. Benvida sexa e benvidas todas as achegas para prepararmos o regreso da Unidade Popular.