O 2 de xullo mobilizámonos contra os despedimentos en Unvi!

447

A semana pasada a empresa de automoción UNVI despediu a nove traballadores e anunciou a aplicación dun ERTE. Contra isto, desde o Comité de Empresa anunciamos a semana pasada a convocatoria dunha serie de accións de resposta para que lles quede claro que non imos quedar calados e que temos motivos de sobra para mobilizarnos:

  • A empresa levou o encargo de 30 autobuses urbanos para a súa fábrica de CAMO, en Portugal, mentres desmantela o seu centro en Ourense.
  • A empresa denegounos as vacacións varias veces cando as solicitamos e impúxoas ao seu gusto para explotarnos coa obra de 70 autobuses urbanos para Cascais.
  • A empresa “convidounos” a traballar todos os festivos, sábados e incluso domingos entre xaneiro e finais de maio do 2021 para que esta obra non fose penalizada e saíra a tempo. Conseguírono grazas á nosa suor, esforzo e sacrificio.
  • A empresa pretendía que o Comité saltase a lei, ignorando o convenio colectivo (punto 9.16 do artigo 22 sobre medidas de flexibilidade) para poder axilizar os tempos de solicitude e impornos un ERTE para mandarnos á casa o antes posíbel.
  • A empresa, uns días antes dos despedimentos, anuncia na prensa ter asinada unha obra de 23 autobuses para fabricar antes de decembro de 2022.
  • Aínda así, a empresa despide a 9 compañeiros nosos!

Por todo o anterior, o próximo 2 de xullo convocamos unha manifestación ás 10:30h desde a Subdelegación do Goberno de Ourense. Porque queremos un posto de traballo digno, non ser escravos nin traballadores de catálogo para o patrón!

Non ao desmantelamento de UNVI en Ourense! Na unión está o noso éxito, mobilízate! Nin despedimentos nin ERTE!