As traballadoras da empresa carrocera UNVI, situada en Ourense, volveron secundar case na súa totalidade a folga prevista para o día de hoxe para reclamar un convenio digno.
Con está é a cuarta xornada de folga, á que se sumará a de mañá, logo de que a empresa presentase unha proposta que non atendía as demandas do persoal.
Na proposta a empresa inclúe un 20% de distribucion irregular da xornada, pretendendo ter un cadro de persoal á carta, con semanas de redución de xornada e outras de ata 10 horas por xornada.
Na folga de mañá están previstas novas accións no polígono de San Cibrao das Viñas e o venres terá lugar unha xuntanza de negociación coa empresa.












