Novo ERTE sen xustificación en Stellantis en 2026

38

SIT, UGT e CC.OO veñen de dar o visto bo ao calendario anual de Stellantis Vigo para 2026, un calendario marcado por unha actividade extraordinariamente elevada no que a fábrica unicamente pechara 15 días ao completo durante o mes de agosto.

Ao mesmo tempo acordou coa empresa polos asinantes a prórroga dun ERTE para 20256 cun total de 75 jornadas, unha decisión totalmente incongruente cun calendario produtivo que prevé unha actividade case continua ao longo de todo o ano.

“Unha vez máis queda demostrado que os ERTE están a ser utilizados como un mecanismo de flexibilidade adicional, engadido aos xa existentes na fábrica: preto de 10 días de exceso de xornada, a bolsa de horas e agora este novo ERTE, que a administración non debería aprobar en base ao programa produtivo que a propia empresa presenta.”

Unha vez máis queda demostrado que os ERTE están a ser utilizados como un mecanismo de flexibilidade adicional, engadido aos xa existentes na fábrica: preto de 10 días de exceso de xornada, a bolsa de horas e agora este novo ERTE, que a administración non debería aprobar en base ao programa produtivo que a propia empresa presenta.

É responsabilidade exclusiva de Stellantis organizar a produción ao longo do ano e non recorrer sistematicamente a sábados obrigatórios no S1 nin imponer sextas jornadas na quenda de noite todos os meses, facendo traballar á plantilla 6 días de cada 7, incluíndo as fins de semana no sistema S2 para logo enviar ao persoal para a casa con cargo ao erario público cando máis lle conveña.

Como agravante, para incrementar aínda máis a producten, a empresa novamente co aval de SIT, UGT e CC.OO. vén de acordar que os descansos deixei de realizarse mediante paradas preestablecidas para necesidades fisiolóxicas e pasen a facerse mediante relevos, quedando ao criterio discrecional da dirección e orientados unicamente a aumentar a produtividade.

En definitiva, pechamos o ano sen un calendario estable, pendentes aínda de designar parte dos días de vacacións no S1 e mesmo 1 día de libre disposición, cunha fábrica que só para 15 días en todo o ano, con sábados obligatorios, 6º xornada na noite, un ERTE que consume as prestacións do persoal e uns descansos variables que repercuten na Sade, mentres ás traballadoras e traballadores non se lles ofrece ningunha mellora económinca nin social.

Stellantis Vigo, fábrica 4.0 en precariedade laboral