Novo ERE en Santos

54

Trátase xa do terceiro ERE consecutivo de redución de xornada de carácter anual que esta empresa lle ofrece aos traballadores.O ERE, que ao igual que nas anteriores ocasións, se lle presenta á plantilla baixo o compromiso, imposible de garantir, de que se lles reporá a prestación de desemprego mesmo antes de que fose publicado o Real Decreteo de reposición da prestación que se publica cada ano.A CUT oponse a este ERE como fixo tamén nas ocasión anteriores, e pula por buscar unha solución que non supoña unha renuncia a unha parte aínda maior dos seus dereitos por parte dos traballadores e traballadoras da empresa. A CUT sostén, ademais, que a unidade dos traballadores/as na defensa dos seus postos de traballo é o único xeito de atinxir estes obxectivos.Na xuntanza de Comité de Empresa desta mañá, o delegado da CUT Manuel Tejo convidou aos outros dous sindicatos con representación a “asumir a posición da CUT de non asinar o ERE, xa que cada ano esta empresa tira máis beneficios e pon sobre a mesa expedientes máis gravosos” manifestando que “se non asinamos outros, moito menos asinaremos o actual ERE por esta razón”.