NOVIDADES DO CONCURSO DE MÉRITOS ESTATAL TRAS A MESA SECTORIAL NO MINISTERIO

392

No día de onte tivo lugar unha nova Mesa Sectorial convocada polo Ministerio de Educación para aclarar aspectos do desenvolvemento do Concurso de Méritos de Estabilización en relación á lei 20/2021 e fixar unhas bases comúns para as convocatorias en cada comunidade, é dicir os criterios de puntuación e desempate.

Porén, Galiza, xunto a Euskadi e Catalunya, non asinan este acordo para a xestión estatal do concurso. Isto quere dicir que non ten por que trasladar as bases tal e como se estableceu no acordo asinado onte, aínda que si respectar as xa coñecidas e que forman parte do RD 270/2022 referidas ao baremo. O acordo de onte pode ser adoptado en parte pola Consellería de Educación ou en nada e só o saberemos cando teñamos enriba da mesa a nosa propia convocatoria (pode ser publicada segundo a lei 20/2021 ata o 31/12/2022). 

Con estas premisas e só nos territorios estatais (todos salvo Catalunya, Euskadi e Galiza): 

  • A convocatoria terá lugar antes do 21/11/2022 nas diferentes comunidades. 
  • Dende ese día e ata o 21/12/2022 estará aberto o prazo de presentación da instancia de méritos única, onde se fará unha solicitude ordenando a preferencia de destinos no conxunto do estado (salvo nos tres territorios mencionados). 
  • No caso de que un docente galego quixese presentarse neste procedemento estatal, tería que presentar a instancia ante a comunidade autónoma na que se solicite praza en primeiro lugar. ç
  • Presentarase unha instancia por especialidade á que se opte. 
  • Os requisitos exixidos teñen que estar cumplidos antes do 21/12/2021 para calquera das  convocatorias afectadas por este acordo estatal. 

Maís alá deste acordo procedimental na convocatoria, tamén se acordou (sen a sinatura de Galiza, Euskadi e Catalunya onde teremos que agardar á propias bases), o seguinte criterio de desempate: 

  • Maior puntuación nos apartados do baremo de méritos pola orde na que estes aparezan na convocatoria. 
  • Maior puntuación nos subapartados do baremo de méritos pola orde na que estes aparezan na convocatoria. 
  • Se persiste o empate, valorarase a experiencia con anos, meses e días como último criterio de desempate. 

Estes son os acordos tomado por tanto para o concurso de méritos estatal, que non afecta ás prazas ofertadas na Galiza, pero ao que si poden presentarse persoas de calquera territorio que cumpran os requisitos que establezan as comunidades asinantes. 

En canto ao valor dos apartados do baremo non hai novidades referidas na reunión de onte, xa que procede do RD publicado en abril e a introdución (por sentenza xudicial) da valoración do C1 e C2 (salvo das EOI) nun apartado diferenciado da formación académica. Neste caso afecta a todos os territorios, Galiza tamén:

BAREMO RD 207/2022 (MÁX. 15 puntos)

1. EXPERIENCIA DOCENTE  Máx. 7 p (ata máximo 10 anos)

1.1. NA ESPECIALIDADE NO ENSINO PÚBLICO

  • 0,7 ano (0,0583 mes)

1.2. NOUTRAS ESPECIALIDADES DO MESMO CORPO NO ENSINO PÚBLICO

  • 0,35 ano (0,0291 mes)

1.3. NOUTRAS ESPECIALIDADES DOUTROS CORPOS NO ENSINO DIFERENTES PÚBLICO

  • 0,125 p/ano (0,0104 mes)

1.4. EN ESPECIALIDADES DO MESMO CORPO E NIVEL EDUCATIVO EN ENSINO PRIVADO

  • 0,1 ptos/ano (0,0083 mes)

2. FORMACIÓN ACADÉMICA Máx. 3 p

2.1. EXPEDIENTE ACADÉMICO ata 1,5 p

2.2. DOUTORAMENTO, POSTGRADOS E PREMIOS EXTRAORDINARIOS.

2.2.1. Doutoramento

  • 1 p (máximo un doutoramento)

2.2.2. Estudos Avanzados (Real Decreto 778/1998, de 30 de abril), Máster ou calquera equivalente que non sexa requisito.

  • 1 p

2.2.3. Premio extraordinario de doutoramento.

  • 0,5 p

2.3. OUTRAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

2.3.1 Primeiro ciclo.

  • 1 p

2.3.2 Segundo ciclo.

  • 1 p

2.4. TITULACIÓNS DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL E FP.

2.4.1 Por cada título profesional de Música ou Danza.

  • 0,5 p

2.4.2 Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente das EOI.

  • 0,5 p

2.4.3 Por cada título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño.

  • 0,2 ptos

2.4.4 Por cada Título de Técnico Superior de Formación Profesional.

  • 0,2 p

2.4.5 Por cada Título de Técnico Deportivo Superior.

  • 0,2 p

2.5. DOMINIO DE IDIOMAS ESTRANXEIROS: C1 o C2

  • 0,5 p

3. OUTROS MÉRITOS Máx. 5 p

3.1. POR CADA FASE DE OPOSICIÓN SUPERADA NA MESMA ESPECIALIDADE DO CORPO

*Desde 2012 e máximo 2 procedementos.

  • 2,5 ptos

3.2. FORMACIÓN PERMANENTE.

  • Máx. 2 p.

A partir de 3 créditos/30 horas: 0,2 p/curso

A partir de 10 créditos/100 horas: 0,5 p/curso