Novas medidas antilaborais en Grecia

45

Os sindicatos de clase das nacións sen Estado LAB de Euskal Herria, CUT de Galiza, Intersindical Canaria e Intersindical CSC e COS dos Països Catalans, todos sindicatos afiliados á Federación Sindical Munidal, amosan a súa solidariedade coa clase traballadora de Grecia e especialmente co sindicato PAME ante o ataque que supoñen as novas medidas adoptadas polo goberno de Grecia.

A nova lei define a policía como a máxima autoridade e outórgalle aínda máis poderes executivos. Ademais do seu papel na aplicación da ley, asume os deberes de “interpretación da lei”. Poderá determinar as restricións que se imporán nos dereitos de manifestación, inventar as súas propias, decidir de antemán que reunión pública se permitirá, se é espontánea, que restricións se imporán. Traen á policía dentro dos sindicatos, dentro das manifestacións e protestas.

Na nosa opinión, a prohibición da protesta, e máis no actual período que se está abrindo, non é un feito illado e non só sucederá en Grecia. Seguramente no escenario poscovid-19 as medidas antilaborais irán expandíndose por Europa aínda máis. A Unión Europea está negociando os fondos para un rescate ao que non lle queren chamar tal. As consecuencias destes fondos serán reformas, recortes e novas leis antilaborais. As políticas da troika, que nunca desapareceron na realidade, van retornar con forza a Europa.

Por todo isto, os sindicatos de clase das nacións sen Estado LAB de Euskal Herria, CUT de Galiza, Intersindical Canaria e Intersindical CSC e COS dos Països Catalans, todos sindicatos afiliados á Federación Sindical Munidal, expresan a súa solidariedade coa clase traballadora de Grecia e, especialmente, co sindicato de clase PAME. Durante meses quedamos na casa por responsabilidade, pero agora tócanos tomar as rúas e loitar contra estas medidas antilaborais para poder cambiar a realidade social que nos está tocando vivir.