Novas concentracións ante o caos na educación publica. Súmate o Mércores 16 ás 19h

50

CUT Ensino apoia de novo as concentracións promovidas polo comité de folga e apoiado por diversas confederacións de ANPAS e estudantado. Como fixemos dende o primeiro momento, chamamos a comunidade educativa a acudir masivamente o día 16 pola tarde e amosar o noso profundo rexeitamento ao desprezo ao traballo acometido polas direccións dos centros, ao profesorado sen destino a día 14 e estudantado e nais/pais, que vemos como seguen a xogar día a día coa sanidade e a educación públicas.