Stellantis Vigo vén de ser condenada polo xulgado do social por non conceder unha conciliación a unha afiliada da CUT que solicitaba unha quenda fixa, ao tempo que debe indemnizala con 2.800€ pola demora e posterior negativa da empresa á conciliación solicitada.
Unha nova sentenza en cuestión de meses que cuestiona o plan de igualdade en Stellantis Vigo a CUT que, un plan que como xa denunciamos en varias ocasións é discriminatorio, arbitrario e só contempla as necesidades da empresa para darlle a mínima cobertura legal, e que xa se está a demostrar insuficiente. Este plan de igualdade, apoiado por unha maioría da representación social, demostra que nas negociacións esa representación social non pensa nas necesidades das persoas, só o fai nas necesidades da empresa.
“A sentenza recolle que non se establece o necesario prazo de negociación e resolución que debe rexer estes procedementos, sinalando en todo caso que a concesión, en casos como o que nos ocupa, debe ser automática, o que non se procurou nesta ocasión.”
A Xunta de Galicia segue sen publicar o convenio colectivo de STELLANTIS Vigo, ante a denuncia realizada ante a autoridade laboral pola CUT, e o mesmo acontece co Plan de Igualdade, que igualmente, por parte da CUT, se remitiu informe ante as cuestións que consideramos irregulares: establecer 3 meses para dar contestacións ás solicitudes de conciliación cando a lei prevé 15 días, establecer que se unha persoa está en proceso de IT non se valorará a súa solicitude ata a seguinte xuntanza da comisión despois da súa reincorporación, non realizar a individualización das solicitudes analizando a situación concreta da persoa traballadora…
Un plan de igualdade con cifras ridículas onde cun cadro de 6324 persoas traballadoras, tan só “ofertan” 30 prazas para conciliacións das que denominan “especiais”, un minúsculo 0.47%. A sentenza recolle que non se establece o necesario prazo de negociación e resolución que debe rexer estes procedementos, sinalando en todo caso que a concesión, en casos como o que nos ocupa, debe ser automática, o que non se procurou nesta ocasión.
Dende a CUT exiximos á empresa que se deixe de recursos estériles que o único que conseguen é entorpecer o uso dos dereitos a conciliación laboral e familiar das persoas traballadoras.