NOVA MANIFESTACION EN CANGAS EN SOLIDARIEDADE COS MARIÑEIROS DE MAURITANIA

76

@s traballador@s do Morrazo por sexta vez volveron á rua. As rúa de Cangas foron o escenario dunha nova manifestación, tendo esta vez como motivo principal a solidariedade cos traballadores da flota de Mauritania.O venres ás nove da noite, a praza do Concello foise enchendo de xente, e despois de distintas intervencións como noutras ocasións, comezou a manifestación polas rúas da vila. Durante o percorrido os manifestantes corearon distintos lemas, sendo de destacar a esixencia de dimisión de Rajoy e de Feijoo, ou o chamamento de Folga Xeral para setembro.

O remate da manifestación interveu en Nome da CUT o compañeiro Manolo Camaño, quen analizou a problemática da paralización de Mauritania, rematando facendo unha reafirmación da CUT, das mobilizacións na rúa nunha perspectiva de cuestionar o sistema, máis alá das reivindicacións conxunturais.Simultaneamente en Moaña e tamén o xoves en Bueu, e centos de traballador@s volveron a ocupar as prazas do Concello das dúas vilas.