Hoxe día 30 de maio, ten lugar unha nova Folga Xeral en Euskal Herria, convocada pola maioría sindical basca, á cal se ten sumado maís de cincuenta entidades dos movementos sociais e tamén máis de 600 comités de empresa de todo territorio basco.Esta é a sexta Folga Xeral nos últimos catro anos, convocada por ELA e LAB. É evidente que os derroteiros políticos e laborais en Euskal Herria son ben distintos que no resto do estado Español. A estas alturas desta convocatoria, os datos de seguimento estímanse no 78% no conxunto de Euskal Herría.A CUT transmitiu ó sindicato LAB o noso apoio a esta convocatoria.