Nova condena xudicial a Citröen Vigo por vulnerar a liberdade sindical

189

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de condenar a Stellantis Vigo (Citröen) por vulneración da liberdade sindical da CUT, logo de que o noso sindicato interpuxese recurso ante unha sentenza en primeira instancia dun xulgado de Vigo no que non se apreciaba esta demanda.

A sentenza establece que a empresa debe facilitar a comezo de cada trimestre revisión de contratación, modalidade de contratos, así como en caso de subcontratación e informes de auditores de contas igual que aos accionistas. Dita obriga está recollida no Estatuto dos Traballadores pero, segundo recolle o TSXG na sentenza, a información achegada pola empresa á CUT era vaga e imprecisa sen causa xustificada.

O tribunal apreza, pois, vulneración do dereito á liberdade sindical e obriga a Stellantis a pagarlle unha indemnización á CUT de 3.125 euros por danos morais.

CUT Citröen considera que esta sentenza é unha nova proba da mala fe e do ninguno da dirección de Stellantis cara este sindicato, co que terá unha nova cita nos tribunais o vindeiro 20 de xaneiro, tras o laudo arbitral que obriga á empresa a repetir as eleccións sindicais -declaradas nulas por non respetar o dereito ao voto segredo e libre- e que a empresa se nega a cumprir.