Nota repartida nas porterias PSA Vigo 30 xuño

Xoves Asemblea de Bocadillo na M-1 e Nave S na Quenda de Noite (no interior da nave) Venres Asembleas de Bocadillo na M-1 e Naves S nas Quendas A e B

132

As tres Centrais Sindicais, C.I.G., CC.OO. e CUT, somos conscientes da situación na que estamos inmersos. As esixencias produtivas e a necesidade de mellorar as condicións laborais e económicas da Plantilla.

Un escenario onde, o medo, se converte no “talón de aquiles” de moitos traballadores e traballadoras a hora de facer fronte a situacións como a que estamos a vivir nas Liñas de Produción da M-1. Situacións persoais, familiares, económicas, laborais, … Unha das Armas mais letais da Dirección para acadar o seu obxectivo.

Os/as traballadores/as da M-1 decidiron marcar o camiño dende o primeiro día é, dende a C.I.G., CC.OO. e CUT, apesares de sermos conscientes das particularidades que cada un temos, seguimos adiante co fin de acadar que a Dirección recoñeza e aplique as necesidades básicas para poder afrontar eses postos de traballo en condicións dignas. Pero se queremos reaccionar colectivamente fronte os continuos abusos que estamos padecendo, a ilusión ten que sobrepoñerse por riba de todo para gañarnos o respecto que merecemos.

Por elo, no día de hoxe, a ilusión dos Homes e Mulleres que traballamos para vivir ten que vencer a ese medo paralizante. Toda esa indignación que estamos a padecer ten que coller vida neste novo camiño emprendido polo conxunto dos traballadores/as da M-1.

Recoñecen que para dispor dun equilibro realizable das cargas de traballo, na M1, precisarían dobrar o número de postos actuais.
Recoñecen o déficit que tíñamos de traballadores/as, cando menos na Quenda de Noite, para evitar monitores facendo 12 e 14 horas e traballadores/as dobrando postos.
Recoñecen que a Plantilla xa non esta disposta a traballar sábados nas condicións actuais.
Recoñecen que a obrigatoriedade de traballar 6 noites sobre 7 precisa dun pequeno incentivo…. Pero, a hora da verdade…,
Néganse a escoitar as demandas dos traballadores/as.
A flexibilidade da Quenda de Noite e na Quenda Variable do día segue sen límites.
A precariedade no emprego cada vez e maior.
Os/as Limitados seguen sen postos acorde as súas patoloxías.
As enfermidades profesionais seguen derivándoas a seguridade social. …

Compañeiros/as: Este sábado día 1 de Xullo as 11:30, baixo o Lema Menos ABUSOS e Máis RESPECTO, sen siglas, sen bandeiras e cunha única voz, a do conxunto dos traballadores/as de Citroën, participemos todos e todas sen excepcións na concentración/manifestación que se vai celebrar na Porta Principal do Centro facendo fronte común e comezando a construír este novo camiño demostrándolle a Dirección que SOMOS TRABALLADORES/AS NON OS SEUS ESCRAVOS.