Non queremos despedimentos en UNVI: hai outras alternativas

175

Durante os últimos meses o comité de empresa de UNVI, conformado por UXT e CUT, instou á directiva a negociar un convenio xusto en base ás necesidades das traballadoras e do futuro inmediato da fábrica, clave no sector da automoción en Ourense. Fronte a isto, a resposta por parte da dirección, pertencente ao grupo empresarial Pérez Rumbao, foi a represión e a ameaza.

Na última semana, ademais, a empresa négase a negociar ante un comité unido e desbota todas as alternativas propostas, deixando clara a súa intención: o anuncio de 18 despedimentos.

É por isto polo que as representantes das traballadoras entendemos como única opción a mobilización permanente mentres a nosa voz non sexa escoitada pola dirección.

A primeira xornada de protesta terá lugar o vindeiro luns día 3 de agosto, entre as 13.30 e as 15.00 horas na porta da empresa, no polígono de San Cibrao.