Non máis represión contra a Global Sumud Flotilla

17

LIBERDADE PARA SAIF ABUKESHEK E THIAGO ÁVILA

Os sindicatos asinantes deste comunicado denunciamos os ataques de Israel contra a Global Sumud Flotilla en augas internacionais, que calificamos como feitos de extrema gravidade, que violan os dereitos humanos e a legalidade internacional. Ao mesmo tempo, denunciamos a detención do activista brasileiro Thiago Ávila e do catalán de orixe palestina, Saif Abukeshek.

Saif Abukeshek é afiliado da Intersindical Alternativa de Catalunya, activista, sindicalista e unha das voces máis comprometidas e constantes na denuncia do xenocidio, a ocupación e o apartheid impostos polo estado de Israel en contra da poboación palestina. Tamén é un membro activo da Rede Sindical Europea pola xustiza en Palestina. Pola súa banda, Thiago Ávila é unha das caras máis visibles da Global Sumud Flotilla.

Dende estas liñas denunciamos que Saif e Thiago foron detidos e trasladados a Israel, e dende que foron detidos, foron vítimas de malos tratos. Ao contrario das acusacións que fai Israel, non son criminais, son só activistas solidarios que partiron de Barcelona o pasado 12 de abril co obxectivo de abrir un corredor humanitario até Gaza e denunciar o bloqueo criminal imposto polo estado de Israel.

Vista a situación crítica que están facendo fronte, e vendo a gravidade das acusacións contra eles por parte de Israel, dende os sindicatos asinantes exiximos a súa inmediata liberación e o dereito a que volvan a casa o antes posible. Pedimos ás institucións competentes que fagan todo o que está nas súas mans para que tanto Saif como Thiago sexan liberados.

Finalmente os sindicatos asinantes queremos facer saber á opinión pública:

  • Demandamos a inmediata liberación de Saif Abukeshek e Thiago Ávila e que se garantan os seus dereitos e a súa integridade física.
  • O fin da persecución contra os activistas da Global Sumud Flotilla.
  • O final do bloqueo criminal a Gaza.
  • O fin de toda complicidade coa estratexia de guerra de Israel.
  • O fin da ocupación e da colonización, e o dereito de Palestina a ter un estado propio internacionalmente recoñecido.