Nos últimos días están os medios de comunicación ao servizo do imperio a dicirnos que todo rematou, que xa hai un plan de paz. Dende a CUT preguntámonos quen elabora o plan de paz? A resposta é Donald Trump, o mesmo que acaba de mudar o nome de ministerio de defensa polo de ministerio da guerra. Preguntámonos quen foi o outro interlocutor do plan, e a resposta é Nntanyahu. Con estes ingredientes pode alguén pensar que isto é un plan de paz? Que pensariamos se en 1945 fora Hitler o encargado de elaborar o plan de paz? Diríamos entón que o xenocidio do pobo xudeu xa non existiría?
“Non hai máis plan de paz válido que a lexitimación internacional do Estado Palestino libre, que lle devolvan todos os territorios ocupados, que Israel pague a reconstrución dos hospitais, escolas, vivendas, traballos… e indemnice a todas as familias afectadas, e sen escusa algunha que Netanyahu, o seu goberno e os seus mandos militares sexan sometidos a xuízo na Corte Penal Internacional.”
Este chamado plan de paz non é máis que outra artimaña dos señores da guerra para continuar co seu exterminio do pobo palestino. Non hai máis plan de paz válido que a lexitimación internacional do Estado Palestino libre, que lle devolvan todos os territorios ocupados, que Israel pague a reconstrución dos hospitais, escolas, vivendas, traballos… e indemnice a todas as familias afectadas, e sen escusa algunha que Netanyahu, o seu goberno e os seus mandos militares sexan sometidos a xuízo na Corte Penal Internacional.
Dende a CUT chamamos á FOLGA XERAL DO DÍA 15 DE OUTUBRO con máis forza que nunca, porque só coa presión do pobo traballador solidario e concienciado podemos conseguir estes obxectivos.
Non caiamos nas súas trampas, o seu plan de paz non é outra cousa que o esquecemento do xenocidio. Temos unha responsabilidade histórica, o noso silencio e o non facer nada situaríanos coma cómplices.
PARAR, PARAR O XENOCIDIO, 15 DE OUTUBRO FOLGA XERAL!!!












