Non ás coaccións na E.I. de Coia: Xunta responsable!

118

Un cento de persoas concentrámonos esta mañá ante a Escola Infantil Rosalía De Castro, situada no barrio de Coia (Vigo), logo de que a Xunta abrise expediente a unha traballadora deste centro por informar a unha nai dunha presunta mala praxe por parte dunha docente coa súa filla.

A xerencia do centro abriulle expediente sancionador á traballadora, no que consideramos unha clara práctica de coacción e advertencia para quen intente cumprir honestamente co servizo pu?blico e de paso crear unha cortin?a de fume que disimule a inaccio?n e a incompetencia da xerencia e da Xunta.

O expediente resolveuse cunha amonestación por escrito, recorrida agora no xulgado do contencioso. Non imos tolerar sancións inxustas nin coaccións para que as traballadoras queden caladas.

Video Concentra Coia

Esixímoslle á Xunta a implantación dos protocolos de actuación axeitados – protocolos que non existen a día de hoxe-, a revocación da sanción á traballadora e a investigación da suposta mala praxe.

POR UN SERVIZOS PÚBLICOS DIGNOS E DE CALIDADE!!!

POR UNHA XESTIÓN AXEITADA AO SERVIZO PRESTADO!!!