A CUT-Ensino convoca a todas as traballadoras do ensino a mobilizarse fronte ao escandaloso despedimento de traballadoras temporais para o vindeiro curso, tal e como recolle o CADP de recente publicación. Desde a CUT-Ensino levamos anos advertindo desta posibilidade, mentres outras organización sindicais se dedicaban a negar este escenario ou a ignoralo.
Centos de interinas de toda Galiza quedan sen traballo para o vindeiro curso. Esta situación afectará a todas aquelas persoas que viñan desenvolvendo o seu traballo como interinas ou substitutas. Ambos os dous colectivos van ver as súas vidas precarizadas.
Esta central sindical destacouse, e seguirémolo facendo, pola defensa das traballadoras máis desprotexidas do ensino: as temporais. E non imos deixalas soas, defenderemos o seu dereito a un traballo digno e en igualdade de condicións ao persoal fixo.
Esta central sindical destacouse, e seguirémolo facendo, pola defensa das traballadoras máis desprotexidas do ensino: as temporais. E non imos deixalas soas, defenderemos o seu dereito a un traballo digno e en igualdade de condicións ao persoal fixo. Non toleramos este maltrato constante a unhas traballadoras que ano tras ano deixan a saúde e a vida nas aulas sen ningún tipo de recoñecemento.
Anos de recortes, unha política de privatización e de transferencia de recursos públicos cara o ensino privado máis a falta dun verdadeiro proceso de estabilización leváronnos a esta situación: un ERE para o persoal temporal en toda regra. Un ERE do que a CUT-Ensino ven advertindo desde hai anos e que agora queda ao descuberto.
Queda tamén ao descuberto o desprezo da Xunta de Galiza cara as súas traballadoras e a indefensión do persoal temporal polo resto de organización sindicais.
Unha vez máis chamamos a todas aquelas organizacións que se proclaman como defensoras da clase traballadora a unírense á loita polos dereitos das traballadoras temporais do ensino.
Acode á concentración deste próximo luns, 1 de agosto, ás 11:30 h diante da Consellería de Educación en Santiago de Compostela.
PAREMOS ESTE ERE EN NOME DA DIGNIDADE!