Non ao rearme, á militarización de Europa e ás guerras imperialistas

114

A Federación Sindical Mundial (FSM) naceu no ano 1945, hai 80 anos, cando finalizaba a II Guerra Mundial, como expresión unitaria do movemento sindical en contra da guerra e en defensa da xustiza social, a igualdade entre homes e mulleres e o dereito á autodeterminación dos pobos. Non esquezamos que aquela guerra, provocada intencionadamente polas ansias de acumulación do capitalismo, foi alimentada dende finais dos anos vinte do século pasado mediante a invención a e subvención do fascismo. Logo de oito décadas e cando as alianzas entre dereita e extrema dereita están pisoteando os dereitos fundamentais, o declarado pola FSM aquel 3 de outubro de 1945 segue tendo plena actualidade e lexitimidade.

Hoxe, case un século máis tarde, a crise ecolóxica faise presente nos conflitos políticos, sindicais e sociais e os límites biofísicos do planeta son cada vez máis evidentes. Isto conleva que o sistema capitalista e a súa insaciable necesidade de acumulación de capital provoque e potencie conflitos polo control dos recursos naturais entre os grandes actores do mundo. Donald Trump non é un tolo nin moito menos. Está xogando o papel que lle corresponde cando ao capital lle falla a súa opción prioritaria. Pero non caiamos na equivocación: a extrema dereita representada polos Trump, Meloni, Milei, Abascal ou Orban, ou a dereita extrema representada por Úrsula von der Leyen, son as dúas caras dunha mesma moeda.

“Destinar máis cartos á industria armamentística provocará un recorte do gasto social, un debilitamento dos servizos púlbicos e unha maior precarización.”

A clase traballadora preguntámonos cal é ese outro capitalismo: o da OTAN? O da Unión Europea? E claramente debemos responder que son as partes dun mesmo todo. Falemos claro. Non se impulsa unha política fiscal de redistribución da riqueza. Ademais destinar máis cartos á industria armamentística provocará un recorte do gasto social, un debilitamento dos servizos púlbicos e unha maior precarización. Semella que Washington pretende deixar de financiar a defensa e a seguridade de Europa e pretende acabar coa guerra da Ucraína, priorizando a guerra económica contra a China. Busca un acordo rápido con Rusia, excluíndo deste aos seus -ata o de agora- lacaios europeos, e intentando un acordo que lle regale os recursos naturais da Ucraína.

Mentres o Kremlin e a Casa Branca negocian, na Europa do capital a maioría do arco parlamentario, dende amplos sectores da social-democracia ata o fascismo, defende o rearme en nome da suposta seguridade e defensa, en beneficio da industria armamentística e en detrimento da clase traballadora e especialmente dos colectivos máis vulnerabilizados como son as mulleres e as persoas migradas.

“A perigosidade deste escenario é que se o o choque entre a belicista Europa e Donald Trump se materializa -tendo en conta quen é o capo da OTAN e quen obecece- estariamos ante o risco dunha posible III Guerra Mundial.”

Esta situación, escenificada nos aranceis impostos por Washington, abre un escenario totalmente novo: relación cordiais da Casa Branca co Kremlin, guerra comercian contra a China e o resto do mundo, e intento de dividir Europa. Para iso non dubidará en incentivar e artellar relacións e negociacións bilaterais cos estados. Mentres, a resposta da Comisión Euroepa é seguir camiñando irresponsablemente cara unha nova carreira armamentística que non tén por finalidade a democracia, a xustiza, a paz e a liberdade senón máis ben todo o contrario. A perigosidade deste escenario é que se o o choque entre a belicista Europa e Donald Trump se materializa, tendo en conta quen é o capo da OTAN e quen obecece, estaríamos ante o risco dunha posible III Guerra Mundial.

A inversión programada pola Unión Europea supera os 800.000 millóns de euros, afirmando que para conseguir este orzamento estudian medidas de fleixbilidade para o déficit dos estados membro.

Só debemos recordar a crise que seguiu ás subprimes e as prohibicións de aumentar os déficits nacionais para paliar as consecuencias sociais desa crise (vennos á memoria a reforma exprés do artigo 135 da “intocable” constitución española) e sacaremos a seguinte conclusión: as persoas non importan; as industrias armamentísticas imperialistas para acumular cartos, si. Podemos tamén preguntarnos quen vai pagar ese déficit. Serán os bancos? Evidentemente seremos nós, a clase traballadora, e as clases populares.

“Só dende procesos populares con conciencia de clase poderemos conseguir cambios políticos e sociais que nos leven a unha transición eco-social xusta e feminista.”

Dende a Coordinadora dos Pobos da FSM somos conscientes de que estamos en loita, pero non nas súas guerras imperialistas senón na loita de clases. Entendemos o mundo dende a cosmovisión dos pobos e da súa clase traballadora, non dende a perspectiva do inimigo. Só dende procesos populares con conciencia de clase poderemos conseguir cambios políticos e sociais que nos leven a unha transición eco-social xusta e feminista.

Este xeito de entender o mundo é radicalmente oposto ás políticas imperialistas das elites da UE, lideradas por Úrsula Von der Leyen, xunto coa dereita extrema, a social democracia e o neofascismo ou extrema dereita.

Por todo isto, dende a Coordinadora dos Pobos da Federación Sindical Mundial queremos trasmitir o seguinte:

  • Rexeitamos o plan Rearm Europe porque só traerá consecuencias negativas para nós, máis guerras, máis débedes e máis recurtes.
  • Exiximos a desaparición da OTAN, os orzamentos militares e todas as alianzas miltares.
  • Poñemos énfase na fin da invasión xenocida da Palestina e na fin da escalada belicista na Ucraína.
  • É preciso e urxente un cambio de paradigma integral que se impoña ao belicismo imperante en Europa. É fundamental -por un lado- impulsar culturas diplomáticas de paz e de diálogo como mecanismo de resolución dos conflitos políticos e -por outro lado- unhas novas relación internacionais construídas dende o respecto de todos os dereitos de todos os pobos e todas as persoas. A clase traballadora tén que poñer no eixo da súa análise o contexto bélico ao que nos está levando o capitalismo porque as dúas consecuencias serán desastrosas para a paz e para a xustiza social.

A liberdade consiste na capacidade de comprometerse en situacións difíciles. Dende a Coordinadora dos Pobos exercemos a nosa liberdade comprometéndonos con un NON rotundo ás guerras imperialistas e chamamos a ocupar as rúas ante un novo episodio histórico de ignominia capitalista.

CUT, CSI, LAB, ESK, CUT ARAGON, IAC, CSC, COS, INTERSINDICAL VALENCIANA