NON, ao Plan de formación 2017

A Formación ou a falta dela condiciona o salario e o posto no que se traballa.

109

Na nosa nómina descóntannos mensualmente cartos que recada o estado, para despois subvencionar actividades formativas. E dicir pagamos nós parte delas.

O Real decreto recolle que a formación ten dúas vías, formar para o posto que desenrolas, e formar para adquirir competencias para ascender na vida laboral e profesional.

Non podemos negar que unha parte tamén dos cartos que se dedican a formación teñen a obriga de poñelos as empresas. E de onde saca eses cartos?. Do beneficio obtido do rendemento que lle saca aos traballadores/as (do suor). Nin o Director nin os Cadros directivos nin as empresas poñen cartos dos seus petos.

A CUT DEFENDE A FORMACION EN HORAS DE TRABALLO como parte do desenrolo persoal e de competencias. Para desenrolar unha sociedade cada vez mais tecnolóxica precisamos cualificación i evolución continua na formación. Din que imos ser a fabrica 4.0 pero quérena levar adiante con traballadores/as baratos, mal formados, e mal retribuídos. Queren facer de nos unha man de obra barata e pouco cualificada. Para seguir a rebaixarnos os salarios e que estes dependan, cada vez mais, de factores externos a man de obra directa. Con obreiros/as formados/as temos futuro e traballo.

A CUT DEFENDE UNHA FORMACIÓN  DE CALIDADE PARA O COLECTIVO DE OPERARIOS/AS. As horas de formación invértense en adestrar o pensamento dos operarios/as, en convencelos de que fagan máis de aquilo polo que lle pagan. Facéndoos participes do traballo pero non do beneficio da empresa. Non serven para  formar con calidade nin para adquirir competencias profesionais, que sirvan, para ascender a outro grupo profesional e desenrolarse activamente.

O seguimento anual do plan de formación levase exclusivamente nunha comisión opaca. Como lle gusta a empresa e aos asinantes do convenio. Sen embargo para a aprobación do plan e desembolso das subvencións do estado, é preciso un informe favorable da maioría Comité de Empresa. A empresa entrega unha mínima parte da documentación dese plan. Algunha dela en francés, pero o mais grave para nós e que non leva aparellada unha mínima memoria económica xustificativa pasada ou futura. De onde foron investidos os cartos?. Quen foi a cada curso?. Canto se gastou en  cada un deles?., etc. Queda moi bonito amosar unha gráfica de un quesiño onde o menor porcentaxe da formación foi para cadros, técnicos e enxeñeiros. Onde ocultan que esa porción é a que se levou a parte máis importante do gasto.

Para que vai dar a empresa información e xustificar en que inviste os cartos da formación, cando ano tras outro ségueselle a dar o visto bo pola maioría do Comité!!!.

A Formación ou a falta dela condiciona o salario e o posto no que se traballa. Polo tanto coa formación ou coa falta dela discriminase. SI!!!, DISCRIMANASE. Como acontece cos profesionais que no seu día foron desprofesionalizados. Un acordo que expresamente consta  daríaselles formación continua anual. Para que regresasen a postos profesionais ou cando menos estivesen  actualizadas as súas competencias. Acordo que non se cumpre.

A CUT votou en contra do plan proposto pola empresa para este vindeiro ano 2017. Sendo aprobado finalmente por maioría do Comité co voto favorable das centrais (SIT, UGT, CC.OO).