Durante a mañá do pasado xoves, as traballadoras de COPO concentráronse diante de AEMOS, sede da Asociación de Empresarios de Mos, para demandar, unha vez máis, a ilegalidade do ERTE imposto pola empresa. A concentración foi convocada pola totalidade do comité, composto polas centrais sindicais da CUT e da CIG, para facer visíbel o descontento ante esta práctica abusiva por parte da empresa, que afonda na privatización dos beneficios e na carga aos fondos públicos daqueles periodos onde non acumulan tanta ganancia.
As persoas traballadoras de COPO, como sempre fan, mandan unha clara mensaxe de que non van ceder ante as chantaxes da empresa e actuarán en consecuencia ante as súas tácticas ameazantes e autoritarias.