Esta mañá concentrámonos diante de GOYCAR-Mos para pedir a readmisión dos compañeiros despedidos no pasado mes de xaneiro.
A principios de ano a empresa entregoulles aos dous traballadores unha carta de despedimento na que admitían a improcedencia do mesmo. O motivo é sinxelo: pura represión sindical. Os compañeiros levaban tempo esixindo á empresa que reducise a cantidade de horas extra e, ademais, que as pagase conforme o convenio colectivo. Tras respostas negativas, negáronse a facer horas extra ao prezo miserable que marcaba a empresa.
Mais malia as ameazas, as presións e o despedimento, os nosos compañeiros nin están sós nin van ficar calados: non pararemos até conseguir a súa readmisión. Porque aínda que á patronal lle moleste, o sindicalismo de clase e combativo non se pode silenciar!