O goberno máis progresista e pacifista da historia elixiu Vigo para facer unha demostración de forza e aplauso ao exército español, ao tempo que pretende lembrarnos que Galiza é unha colonia española. Non hai máis que ler o lema elixido para eses días de celebración da patria española e da guerra, “Todos unidos defendemos España”.
“O goberno español decidiu pórse, neste momento histórico, do lado da irresponsabilidade acentuando o militarismo, o patriotismo e o medo na poboación civil.”
O goberno español decidiu pórse, neste momento histórico, do lado da irresponsabilidade acentuando o militarismo, o patriotismo e o medo na poboación civil. Hai cen anos o capitalismo optou polo fascismo para saír da crise, e hoxe volve facelo, sendo a guerra e o patriotismo os dous eixos onde pivota. O estado español opta por apuntarse a este bando na vez de situarse do lado da clase traballadora; quérenos con medo e submisas para alienarnos aos intereses da capital.
“Hoxe toca de novo demostrar que a paz e o respecto á autodeterminación dos pobos seguen a ser o facho que nos guía.”
Galiza é un pobo pacífico, con historia de seu, que ten demostrado estar contra o imperialismo, sexa en Venezuela, Cuba, Irán, Siria, Libia, Palestina ou onde cadre. Hoxe toca de novo demostrar que a paz e o respecto á autodeterminación dos pobos seguen a ser o facho que nos guía.
Entre os días 26 e 30 de maio demostraremos que as forzas de ocupación non son benvidas en Galiza. Non precisamos armas ou exércitos invasores. Nós queremos pan, traballo, teito e independencia.
FORA O EXÉRCITO ESPAÑOL DE GALICIA!!!
VIVA A PAZ E A SOLIDARIEDADE ENTRE OS POBOS!!!












