O 1º de maio foi a data elixida para sacar novamente á rúa o voceiro nacional da Central Unitaria de Traballadores/as. No mes de marzo pasado, durante a IIIª Conferencia Nacional, a reactivación do xornal foi unha das demandas da afiliación da CUT, por iso non se fixo agardar. A pesares de que o tempo era escaso para botar a andar a maquinaria, o obxectivo, cremos con sinceridade, quedou cumprido. Os erros, que os hai, agardamos solucionalos de cara a edición do vindeiro nº1 que sairá á rúa para o mes de xullo.O nº 0 desta nova andaina d’O Xornal, cunha nova presentación e baixo o título de “Información Obreira”, queremos que marque a diferenza non só no deseño, senón no seu obxectivo. O “xornal” debe ser algo máis que o altofalante da nosa central sindical. Debe ser un instrumento ao servizo da clase traballadora galega, non só para informarnos, senón tamén para formarnos como pobo traballador que somos, por iso, o peso que o pensamento, a historia e a cultura teñen nesta segunda xeira do xornal “Información Obreira”.Podes atopar o xornal “Información Obreira” en tódolos locais da CUT, así como descargalo dende aquí en formato pdf. Descarga o nº0 de Información Obreira en pdf>>>