Ninguneo da empresa aos representantes dos traballadores

345

O pasado Martes 14 de Febreiro “día dos namorados”, celebrouse entre a Dirección da Empresa e unha representación do Comité, unha xuntanza onde se confirma ao Comite a previsión de horarios do vindeiro mes de Marzo.

Rematado este punto, a Sección Sindical da CUT trasladoulle a Dirección o noso parecer sobre que “a prensa” recollera noticias que afectan o noso Centro, e que o Comité de Empresa non tivera constancia das mesmas (ou cando menos a CUT), como o desprazamento do comedor, ou cuestións que poden afectar o noso emprego como co transvase de produción entre liñas ou cara outros Centros. A Dirección tentou xustificarse.  Aínda non habían pasado uns minutos dende o remate da xuntanza, e o Faro de Vigo recollía unha nova noticia na súa edición dixital, da posible compra de GM por PSA.

No día de onte o Faro de Vigo recollía a noticia en primeira paxina, e facía xa unha lectura da preocupación da plantilla de Vigo, ca posible competencia co noso Centro da fabrica de Figueruelas (Zaragoza) de GM. Coincidencia? Non o cremos. Xa están metendo novamente o medo no corpo da plantilla, de que agora xa temos mais Centros contra os que competir (ide pensando en apertar mais o cinto).

Ante esta noticia ese mesmo día fixémoslle chegar por escrito o Director de RR.HH, novamente, . noso parecer a este respecto. Sendo conscientes que van seguir facendo o que lles sae do “carallo”, ante unha maioría do Comité submiso ás súas directrices.

Esta situación que lonxe de erradicarse mantense no tempo. Consideramos que cunha pequena aportación diaria: Mercar o Faro de Vigo, poderemos ter acceso a toda a información relevante que recomendamos para unha mellor información sobre o presente e futuro do noso Centro e do Grupo, mellor incluso ca revista Planeta Vigo ou os briefings diarios.