NH OBRIGA A ASINAR CARTA AO CADRO DE PERSOAL CONTRA A CUT

93

A empresa NH Obradoiro, filial da multinacional da explotación NH HOTELES, dálle unha nova volta de porca ás súas prácticas represivas, presionando a todo o persoal do centro de traballo á sinatura dun documento “refugando” os métodos de acción sindical da CUT na defensa das compañeiras e compañeiros da Sección Sindical represaliados e en concreto, do compañeiro e delegado Leonardo Da Cruz Blanco.A CUT iniciará as medidas legais e sindicais axeitadas contra a distribución deste documento dentro do centro de traballo e as presións da Dirección para obrigar ao cadro de persoal á súa sinatura. A CUT quere tamén denunciar que detrás deste documento está  dúas 1ªs Xefas de Departamento do Hotel (mandos intermedios), que están a atemorizar aos compañeiros e compañeiras do centro de traballo coa ameaza de peche do Hotel se a CUT continúa coas súas prácticas sindicais conscientes de defensa dos dereitos colectivos, tales como as concentracións e os puntos informativos no centro.Doutra banda, a Secretaría Xeral da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras vén de solicitar unha xuntanza urxente coa Dirección o luns desta semana e para hoxe, venres, que foi trasladada onte e “por motivos de axenda” para o 6 de xuño pola dirección do Hotel. Se esta multinacional pensa que a nosa Central Sindical vai permitir máis un despedimento mentres dilatan as xuntanzas, está ben trabucada.A primeiros da semana que vén a CUT fará público un calendario de mobilizacións. Para este luns, marcáronse xuntanzas bilaterais coas responsábeis de Hostalería de CCOO, UGT e a CIG, á agarda da adhesión a unha loita que é de fondo, e a obter un compromiso de unidade sindical contra as vulneracións gravísimas neste Hotel. Daremos conta dos resultados destas xuntanzas.Contra a represión sindical, xuntas e xuntos podemos!