NH Hoteles condenado por vulnerar a liberdade sindical da CUT ao non respectarse a prioridade de reincorporación dos seus representantes dun ERTE

434

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ao hotel NH Collection Santiago de Compostela pola relegación de toda a representación colectiva do hotel no ERTE, e obriga á condenada a indemnizar ao sindicato.

A Sentenza servirá de guía práctica en Galiza, xa que interpreta que a prioridade de permanencia do artigo 68.b) do ET contempla a prioridade de desafectación dos ERTE.

As prácticas seguidas no Hotel NH Collection Santiago de Compostela (da multinacional NH Hotel Group) contra a representación colectiva ostentada ao 100% pola CUT foron sistematicamente denunciadas publicamente en comunicacións públicas, e desta volta tiveron o referendo xudicial. A CUT demandara á empresa pola falta de desafectación do ERTE de forza maior dos representantes colectivos, garantes do cumprimento das condicións de traballo dos seus compañeiros e compañeiras, mentres si desafectaban e reincorporaban ao traballo na empresa a outras traballadoras da súa mesma categoría. Esta demanda foi desestimada polo Xulgado do Social de Compostela e hoxe o Tribunal Superior vén de revogala, estimando as pretensións da CUT.

O fallo que o TSXG deu a coñecer é o seguinte:

Estimando parcialmente el recurso de suplicación interpuesto por la Central Unitaria de Trabajadores contra la Sentencia de 19 de abril de 2021 del Juzgado de lo Social número 3 de Santiago de Compostela, dictada en juicio seguido a instancia del recurrente contra el Hotel NH Collection Santiago de Compostela, con citación a juicio del Ministerio Fiscal, la Sala la revoca íntegramente, y, con estimación parcial de las pretensiones de la demanda rectora de actuaciones, se declara la vulneración del derecho fundamental a la libertad sindical del sindicato demandante en su vertiente colectiva por no haberse respetado por la empresa demandada la prioridad de permanencia de las tres personas miembros de la representación legal del personal presentadas en las listas del sindicato demandante, y la consiguiente nulidad de la decisión empresarial de priorizar la desafectación de otros trabajadores en idénticas características a las de dichos miembros dentro del proceso de vuelta progresiva al trabajo después del expediente de regulación de empleo por fuerza mayor COVID a que se acogió la empresa, con condena a la empresa demandada a una indemnización a favor del sindicato demandante en cuantía de 6.251 euros por vulnerar el derecho fundamental a la libertad sindical en su vertiente colectiva.

O fallo ten ademais un especial valor en canto resolve e servirá de referencia para orientar as discrepancias en Galiza entre as representacións colectivas e a patronal sobre o dereito de permanencia na empresa da Representación Legal dos Traballadores e Traballadoras no caso de ERTE. Se ben o Estatuto dos Traballadores recoñece a prioridade de permanencia na empresa destes representantes, e por tanto o dereito a seren os últimos afectados por un ERTE entre iguais, a patronal leva tempo manifestando que non existe un dereito a que estes se reincorporen con carácter preferente, pois dita garantía non estaría expresamente contemplada. Sobre este extremo o Tribunal Superior manifesta:

[…] la cuestión basilar es determinar si la prioridad de permanencia establecida en el artículo 68.b) del Estatuto de los Trabajadores se aplica, en los expedientes de regulación de empleo por fuerza mayor temporal, tanto en el proceso de afectación como en el de desafectación. Literalmente, la norma se refiere a la “prioridad de permanencia en la empresa o centro de trabajo respecto de los demás trabajadores, en los supuestos de suspensión o extinción por causas tecnológicas o económicas”. Con lo cual, en una interpretación literal no incluiría el proceso de desafectación tras suspensión por fuerza mayor temporal. Sin embargo, entendemos debe prevalecer una interpretación teleológica pues lo pretendido con la prioridad de permanencia es el mantenimiento en la empresa de una estructura representativa, y ello es tan necesario en el proceso de afectación como en el de desafectación, se trate o no de causa de fuerza mayor. Más aún si consideramos que, en el caso de autos, los miembros de la representación unitaria del personal afectados están integrados en la lista del sindicato demandante, y, en consecuencia, se encuentra afectado su derecho fundamental a la libertad sindical individual, y la colectiva del propio sindicato.

Para Ricardo Castro, Secretario Xeral da CUT, “a relevancia deste pronunciamento reside en demostrar unha vez máis que a prioridade de reincorporación dos representantes sindicais ou legais en primeiro lugar non é un capricho. As nosas delegadas e delegados son a única garantía que temos contra a arbitrariedade e o abuso empresarial. Non é o primeiro caso que se nos dá de traballadoras condenadas a faceren horas extras, a prolongar xornadas ou a someterse a condicións de traballo de alto risco de contaxio de COVID mentres os delegados e delegadas están en ERTE, sen poder controlar ou vixiar esas condicións de traballo abusivos. Ademais, esta garantía é necesaria para poñerlle fin á tentación empresarial de utilizar os ERTE como auténticos instrumentos de castigo contra a representación do persoal. Por algunha razón que se non se nos escapa, as delegadas e delegados da CUT case sempre son as últimas en ser chamadas a reincorporarse ao centro e volver traballar cando hai un ERTE”.