As candidatas e candidatos da CUT saíron amplamente referendados por un cadro de persoal farto da represión sindical.Se a historia da representación sindical da CUT no centro de traballo NH Obradoiro é a do combate contra un relato gris de prácticas antisindicais e represivas por parte da multinacional, non faltan as boas novas que restitúen e dignifican unha práctica sindical de clase, coherente, asemblearia e combativa.Nas eleccións sindicais celebradas esta tarde, coa presenza ao longo da xornada como interventor desta central do candidato despedido David Rei Varela, secretario da nosa sección sindical, case non causaron sorpresa os excelentes resultados da Central Unitaria de Traballadores/as, que izou a súa representatividade dende un delegado, Leonardo Da Cruz, ás tres delegadas agora, sumándose ao anterior a camareira de pisos Dina Casais e o propio David Rei, do departamento de mantemento.As compañeiras e compañeiros da sección sindical, comprometidos até as últimas horas con este proceso electoral, celebraban unha mensaxe clara do conxunto do cadro de persoal á multinacional de cansazo intenso e fatiga coas prácticas de represión sindical que os perseguiron e as perseguiron durante os últimos anos, ao tempo do que un aviso decidido da súa disposición á loita e á coherencia moral e sindical.Esta boa nova, que significa a conquista da representatividade total na empresa, vén a reforzar o programa de mobilización que as compañeiras e compañeiros deseñan pola readmisión do compañeiro David Rei, que foi durante os catro pasados anos un importantísimo cadro sindical da empresa e agora pasa a ser representante duns traballadores e traballadoras que non permitirán que este compañeiro fique na rúa.Así pois, a loita continúa no seo dun parabén colectivo. David Readmisión!!!!