NEGOCIACIÓN: “A negociación é un esforzo de interacción entre dous ou máis persoas realizado coa intención de acadar unbeneficio para os involucrados”
Calquera de nos, e mais tendo en conta o que esta a acontecer no Parlamento do Estado Español, pode definir correctamente o que é un proceso negociador.
Todo acordo implica unha cesión, ambas partes ceden, para chegar a un punto intermedio. Cando non hai tal cesión por parte de unha das partes, o que hai non é unha negociación, É UNHA IMPOSICIÓN.
A Dirección cando fala de abrir un proceso negociador, o que quere dicir é que ten unha serie de necesidades e que nós, os/as traballadores/as temos que aceptalas. E dicir, nesta Empresa fai anos que non se negocia, SE IMPON.
E está IMPOSICIÓN non vai ser diferente do resto. Porque tras catro reunións temos mais ou menos claro o que quere a Dirección, pero de momento contrapartidas que os/as traballadores/as imos percibir, nada se falou. Ata o Mércores di non poder facer entrega da redacción do acordo. Estamos pois tocando de oído, sen partitura.