Nace a rede sindical dos pobos sen estado

411

O pasado día 24 de outubro foi presentada no cárcere Modelo de Barcelona a Rede Sindical dos Pobos sen Estado, rede da que forma parte a CUT.

                     A Rede implica a continuación do camiño que no ano 2005 iniciou a Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado que, xa entón, pretendía darlle voz e coordinar as actuacións de todos aqueles pobos que carecemos de estado e defendiamos claramente a autodeterminación.

                     Conformamos este proxecto, sempre aberto a novas incorporacións, a Confederazione Sindicale Sarda (Cerdeña), a CUT de Galiza, Intersindical Alternativa de Cataluña, Intersindical Catalana, Intersindical Valenciana, LAB de Euskal Herria, National Union of Palestinian Workers, SAVT Aosta, SLB de Bretaña, STC de Córcega, UGTSARIO do Sáhara Occidental, USTKE de Kanakia, Trade Unionists for a New and United Ireland, Bill Ramsay, expresidente do sindicato EIS de Escocia e Coll McCail, membro do sindicato Unite de Glasgow.

                     Aprobáronse tamén declaracións de apoio a Palestina, Kanak, o Sahara e máis Ecuador.