MULLERES GALEGAS EN LOITA

274

O pasado martes 14 de febreiro, compañeiras da Secretaría das Mulleres asistiron á presentación da campaña nacional “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos”, que tivo lugar na libraría Lila de Lilith en Compostela.Co gallo do 8 de Marzo, diferentes organizacións e colectivos feministas do país levamos meses fiando esta campaña que pretende denunciar impacto das políticas de axuste neoliberal sobre as mulleres, que se traduce nunha cada vez maior precariedade laboral e desemprego, no deterioro das nosas condicións de vida e nun retroceso dos dereitos que mediante anos de loita feminista e obreira acadamos.Na rolda de prensa do último martes expuxéronse as liñas xerais do manifesto elaborado polos dez colectivos organizadores, dando conta tamén das actividades que se van a celebrar en grande parte das comarcas dos país nas vindeiras semanas.Os actos abarcan desde accións de rúa, palestras, proxeccións e asembleas que terán como punto álxido a manifestación unitaria que se celebrará Compostela o domingo 11 de marzo, con saída as 12 horas desde a estación de tren.Desde a Secretarías de Mulleres xa empezamos a realizar as primeiras xuntanzas comarcais e asembleas nos centros de traballo para difundir a campaña e animar a nosa afiliación a saír a rúa o 11 de marzo para defender os nosos dereitos.Porque se ben é certo que as mulleres sufrimos unha precariedade histórica, neste momento somos nós as que estamos a levar a peor parte na ofensiva neoliberal contra a clase traballadora. Como di o manifesto da campaña: “Dinnos que non hai recursos, para nós, dinnos que hai que baixar salarios e pensións, os nosos. Xa está ben!”Pretenden controlar o noso corpo e as nosas vidas, volvendo a unha práctica que non é nova: en tempos de crise, as mulleres de volta ao interior dos fogares, a ocuparse do traballo domestico e dos coidados mentres o conxunto da sociedade desenténdese e o estado desmantela servizos públicos.As mulleres non imos pagar unha vez máis as consecuencias da crise capitalista. Porque somos mulleres galegas rebeladas e en loita polos nosos dereitos.E dende aquí nos sumamos ao berro de que a loita feminista, a loita das mulleres, é imparábel!