MUFACE: a herdanza franquista que ninguén suprime.

86

O concerto coas aseguradoras privadas que prestan servizos de saúde a preto de millón e medio de funcionarios no estado (65% no ensino) chega a seu fin a final de ano. Creáronse ao mesmo tempo que MUFACE, o ISFAS para as Forzas Armadas e MUGEJU para as traballdoras de xustiza, ás que podemos aplicar os mesmos criterios. Todas elas foron creadas en xullo de 1975 e dende 1986 está pendente a súa integración no sistema pública, cousa que 38 anos despois ningún goberno se atreveu a facer, incrementando os beneficios das aseguradoras.

Comezou outubro co goberno anunciando a posible supresión e  paso de todo o funcionariado ao sistema da Seguridade Social. O anuncio viña dado pola presión das aseguradoras privadas concertadas en MUFACE que exixían unha subida do concerto para seguir prestando servizos.

Tras o leve desliz ideolóxico cara o socialismo por parte do goberno do PSOE, rapidamente a súa vena neoliberal deixou ver que os poderes económicos son os que toman as decisións reais por riba do interese público.

O goberno chegou a dicir que o sistema público estaba preparado para asimilar ao millón e medio de funcionarios agora na atención privada por medio de MUFACE.

En ningún momento o cuestionamento foi ético ou social sobre por que as traballadoras públicas poden acceder de forma “privilexiada” e gratuíta á sanidade privada, desbotando o sistema público.

Se imos ao fondo da cuestión, en realidade tal privilexio non é tal xa que no caso de eivas nesa atención privada, practícase o desvío á atención pública a pesar dos impostos públicos investidos no concerto.

As organizacións sindicais din que estarán atentas á sinatura deste concerto pero xa é sabido que a oferta polo de agora asume xa a subida dun 17% da prima das aseguradoras, a máis alta dende a súa existencia e que aínda así parécelles insuficiente.

Como pode ser que as traballadoras públicas teñan saúde privada? Por que temos que investir impostos públicos en atención privada

Nada disto se explica se non é polos substanciosos beneficios que as directivas das aseguradoras perciben polos seus servizos e o absoluto silencio das representantes das traballadoras, acaladas por cuantiosas subvencións estatais.

Dende a CUT apostamos pola supresión das mutualidades e o paso de todo o funcionariado ao sistema de saúde público, forzando a súa mellora con novos efectivos dean unha cobertura real e eficiente a toda a poboación, con independencia do ámbito laboral ao que pertenzan.